Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Laraño protestan pola falta de beiravías e beirarrúas nunha estrada da parroquia

Veciños de Laraño protestan pola falta de beiravías e beirarrúas nunha estrada da parroquia

A saída de vía dun microbús foi o último episodio dun problema que denuncian dende hai anos

G24.gal 07/05/2024 13:00

Veciños de Laraño, en Santiago, protestan polo estado dunha estrada da parroquia onde onte se producía unha saída de vía.

Sen beiravías nin beirarrúas e con tramos de sentido único, porque non collen dous vehículos, falan de riscos graves de seguridade para vehículos e peóns.

Denuncian a falta de solucións por parte das administracións e temen que a situación poida mesmo empeorar cando cada vez máis tráfico do Milladoiro pase pola zona. Aseguran ademáis que incrementarán as súas protestas en caso de que non se atendan unhas peticións que consideran básicas para garantir uns mínimos de seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade