As Carrouchas, na Pobra do Carmiñal, unha vida sen auga nin saneamento públicos
As Carrouchas, na Pobra do Carmiñal, unha vida sen auga nin saneamento públicos
Levan oito anos solicitando o servizo no Concello da Pobra do Caramiñal
A situación é insostible porque pola seca os seus pozos están secando
O Concello informa que para o próximo verán podería estar o servizo de auga
Un xesto como abrir unha billa e que saíse auga sería o normal. O que non é normal é ter que ir ata un regato preto da túa casa, ter que encher caldeiros de auga que despois almacenas nun tanque, e iso no ano 2023.
Os veciños do núcleo das Carrouchas, na Pobra do Caramiñal, levan toda a vida sen saneamento, nin auga da rede pública. Hai uns anos coa seca os seus pozos particulares comenzaron a secarse e comezaron os problemas coa auga.
Moitos anos, sobre todo os últimos oito, levan solicitando ao Concello da Pobra a acometida das súas casas a rede pública de saneamento e auga, algo do máis normal.
A falta de saneamento e de auga públicos, causa diversos problemas os veciños deste núcleo das Carrouchas. Nenos que non poden ducharse, fincas que non se poden vender e todo iso pola falta de servizos, aínda que os veciños tamén se queixan de ter que pagar íntegros os recibos.
A versión desde o Concello da Pobra do Caramiñal é que existen problemas técnicos co saneamento pero que a acometida de auga podería estar lista para o verán que ven. Os veciños din non ter noticias desde o Concello e tomaron algunha medida e pensan noutras como poñer o caso en mans dun avogado.
Mentres o Concello non acometa as obras pertinentes e de solucións ao problema destes veciños, nas Carrouchas o de ir buscar auga ao regato seguirá sendo un xesto moi normal.