Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Becerreá reclaman a apertura da residencia de maiores, que leva feita desde o 2022

Veciños de Becerreá reclaman a apertura da residencia de maiores, que leva feita desde o 2022

Cun percorrido pola vila demandan que se dote de electricidade e mobiliario

Manteñen que se trata dun servizo moi necesario en toda a comarca

G24.gal 10/08/2024 14:57

Ambiente de festa en Becerreá para reclamar a posta en marcha da residencia, pero en realidade os veciños están pesarosos porque están fartos de agardar pola súa apertura. Leva construída desde o 2022, pero carece do imprescindible para comezar a utilizala.

Cansos da situación os veciños cruzan o pobo para reclamar a apertura da residencia. Non é a primeira vez que o fan. De momento, sen éxito.

Aseguran que van continuar coas reivindicacións ata que entre o primeiro usuario na residencia. Consideran que é un servizo necesario para toda a comarca.

O inmoble ten capacidade para 136 usuarios, 96 na residencia e 40 no centro de día. Desde o Concello xa reclamaron xudicialmente a súa apertura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade