Veciños de Chantada pídenlle por carta ao ministro de Transportes o arranxo da N-540
Veciños de Chantada pídenlle por carta ao ministro de Transportes o arranxo da N-540
A veciñanza sinala que a estrada que une Lugo e Ourense está chea de fochancas e outras deficiencias
Tirando de retranca e lembrando a ironía do ministro de Transportes, que asegurou que as demandas como as do alcalde de Vigo para a chegada do AVE eran cartas aos Reis Magos, veciños de Chantada remitíronlle unha. Queren que Óscar Puente tome medidas para arranxar a Nacional 540.
Din que esta estrada que une Lugo e Ourense está chea de fochancas e outras deficiencias. Por iso, aseguran, moitos condutores sofren danos nos seus vehículos polo mal estado do firme e que mesmo houbo varios accidentes, un deles mortal.
Critican que o Goberno só fixo arranxos puntuais que non solucionan os problemas. Por iso preparan unha andaina xunto á estrada o vindeiro día 28, o dos Santos Inocentes, para esixir unha mellora integral da estrada.