Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de diferentes localidades galegas denuncian a imposibilidade de convivir co ocio nocturno

Veciños de diferentes localidades galegas denuncian a imposibilidade de convivir co ocio nocturno

Trece asociacións únense para crear a Federación Galega de Loita contra o Ruído

O ruído e as pelexas derivadas do ocio nocturno xeran malestar entre os habitantes galegos
G24.gal 13/12/2023 20:45

As festas, as pelexas e o ruído nocturno levan a veciños de varias localidades galegas a crear unha federación contra o ruído, que xa agrupa 13 asociacións. Piden máis controis e sancións por parte das autoridades e máis respecto a aqueles que saen a divertirse.

A imposibilidade de durmir provoca problemas de saúde entre as persoas que habitan as rúas máis concorridas ás noites. Tanto é así que segundo conta un transeúnte: "Teño moitos veciños medicados".

En cidades como Ourense, hai quen prefire incluso mudarse a aldeas en busca de tranquilidade e de poder conciliar o sono. O mesmo acontece na zona de Orzán, na Coruña ou na parte histórica e no ensanche de Santiago. Tamén, outras localidades máis pequenas sofren as malas prácticas da noite, un exemplo é Betanzos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade