Veciños de varias aldeas de Palmés, en Ourense, denuncian a falta de cobertura móbil e Internet
Veciños de varias aldeas de Palmés, en Ourense, denuncian a falta de cobertura móbil e Internet
Levan anos agardando pola fibra óptica para solucionar os problemas de comunicación que afectan o seu día a día
Son máis dun cento os veciños de Palmés, a poucos quilómetros da capital ourensá, afectados pola falta de cobertura móbil e as dificultades de acceso a Internet.
Os problemas concéntranse, sobre todo, nas aldeas de Naves e A Conchada. Nesta última, moitos dos seus habitantes vense na obriga de subir a un outeiro para poder falar por teléfono. Unha situación que complica o seu día a día tanto para estudar, traballar ou solicitar unha cita médica e que xa obrigou a algunha familia a trasladarse á cidade.
Levan xa tres anos reclamando a instalación de fibra óptica ás distintas administracións e mesmo o Valedor do Pobo sen que polo momento virán resolto o seu problema.