Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de varias parroquias de Ramirás denuncian o mal estado das estradas

Veciños de varias parroquias de Ramirás denuncian o mal estado das estradas

Quéixanse de que os accesos a varias aldeas están sementados de fochancas de gran tamaño

Entregaron escritos no concello solicitando que se arranxen canto antes

Veciños de Escudeiro medindo unha fochanca á entrada da aldea
G24.gal 26/03/2024 14:07

Din que boa parte das estradas do concello de Ramirás levan anos sen mantemento, por iso as fochancas foron a máis, tanto en número como en tamaño. Unha situación que, segundo os veciños de diferente aldeas, supón un perigo para seguridade viaria tanto dos condutores como dos peóns.

Representantes das parroquias de Escudeiro, Casardeita e Paizás documentaron a deterioración das vías locais e entregaron cadanseu escrito no Concello reclamando o seu arranxo. O mesmo farán, din, dende a parroquia de Rubiás. 

Dende o Concello recoñecen o mal estado das estradas, pero acusan á oposición de bloquear durante anos os orzamentos para arranxalas. Afirman que xa teñen previsto actuar en preto dunha decena de vías, aínda que subliñan que o municipio conta con máis de 80 núcleos de poboación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade