Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños do barrio coruñés de Monte Alto denuncian un incremento dos roubos

Veciños do barrio coruñés de Monte Alto denuncian un incremento dos roubos

Nun edificio da zona entraron en dezasete rochos

G24.gal 13/10/2024 20:25 Última actualización 13/10/2024 21:07

No barrio coruñés de Monte Alto hai tempo que alertan dun aumento de roubos en negocios e tamén en coches e garaxes, pero nos últimos días semella que o problema se agudizou.

Na comunidade de propietarios dun edificio próximo á Escola de Arte Pablo Picasso reina o desconcerto. Practicamente todos os rochos do inmoble, arredor de vinte, foron forzados, pero ningún veciño botou en falta nada. 

"Eu tiña unha cadeira de rodas, outros tiñas bicicletas, canas de pescar... e non levaron absolutamente nada. Por iso pareceunos mo raro. Da outra vez, hai un ano, si que levaran cousas", comenta un veciño.

Neste barrio non é difícil dar con veciños que coñezan casos de roubos en garaxes, nos rochos ou no interior dos coches aparcados no que, en principio, debería ser un lugar seguro.

En Adelaida Muro denunciaron a subtracción dun vehículo estacionado na rúa. Un bo número de negocios foi vítima de asaltos.

"Hai un montón de pisos ocupados ilegalmente e dedícanse a iso", denuncia unha veciña, unha opinión na que concorda a maioría.

Piden máis efectivos policiais para protexer o barrio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade