Publicador de contidos
Publicador de contidos

Advirten do perigo que supón o mal estado da vella locomotora xunto á estación de tren de Ourense

Advirten do perigo que supón o mal estado da vella locomotora xunto á estación de tren de Ourense

A acción do óxido e a ferruxe deixan perfís cortantes na chapa, que precisan unha urxente reparación, segundo os veciños do barrio da Ponte

Desde que foi instalada fronte a estación do tren en 1976, só recibiu unha man de pintura

G24.gal 20/08/2024 14:09

Os veciños do barrio da Ponte en Ourense piden que se tome man da vella locomotora, situada fronte á estación. Din que presenta un estado de conservación lamentable e que pode supoñer un perigo para os viandantes.

Vai facer cen anos de existencia e o paso do tempo á intemperie nótase nas súas partes máis febles. Sobre todo na chapa, que presenta os efectos do óxido e a ferruxe. Danos que poden supoñer un perigo para quen se achegue. Ningún elemento nin barreira impide o acceso ao interior da máquina, que adoita ser usada por persoas sen teito para pasar a noite ou acubillo durante o inverno. 

Este modelo de locomotora a vapor comezou a funcionar nas vías ourensás na década dos 40 do século pasado. Fixo a súa última viaxe en 1968. O 27 de xullo de 1976 instalouse fronte á estación de tren da cidade. É un dos dous únicos exemplares deste modelo que quedan en España. O outro está en Vilanova i la Geltrú. 

A Fundación Ferrocarriles de España cedeulla ao Concello ourensán, encargado do mantemento. A vella máquina constitúe un atractivo turístico. Visitantes e veciños botan en falta un maior coidado deste monumento. O barrio da Ponte, onde viven moitos dos antigos ferroviarios, quere preservar unha das súas iconas máis senlleiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade