Piden un semáforo para o paso a nivel de Lugo en que morreron dous mozos
Piden un semáforo para o paso a nivel de Lugo en que morreron dous mozos
Cren que o accidente do mércores puido evitarse coa sinalización axeitada
Os veciños das parroquias que hai ao carón do paso a nivel no que o pasado mércores houbo un accidente mortal en Lugo queren cortar a vía para protestar pola inseguridade e para esixir que se poña un semáforo.
Tamén acusan a Adif de amañar pola noite unha fochanca que había no punto en que se accede para cruzar a vía.
O corte pretenden facelo no punto exacto no que se produciu o accidente. Trátase dun paso moi transitado e os veciños teñen claro que a falta de seguridade foi a que ocasionou o accidente.
Non só porque non hai un semáforo que regule o paso, senón tamén pola gran fochanca que había xusto no sitio polo que hai que cruzar a vía e que agora taparon parcialmente con area e coios.
Dous veciños viven ao carón do paso a nivel cruzan por aquí acotío con moito medo. Hoxe Mario Luz tivo que pasar para recoller o pastor. A súa indignación é enorme.
Mari Luz amósanos o sitio do que sacaron a area que acaban de poñer para tapar a fochanca. Igual ca os seus veciños pensa que un semáforo é o único xeito de evitar máis desgrazas.
Fontes da Subdelegación do Goberno aseguráronnos esta mañá que aínda non teñen constancia da entrada por rexistro da solicitude de cortar a vía.