Veciños e músicos, enfrontados en Lugo polo ruído dos ensaios dun grupo de batucada
Veciños e músicos, enfrontados en Lugo polo ruído dos ensaios dun grupo de batucada
Os músicos ensaian xunto ao río Miño e as protestas veñen dos veciños da outra beira
Os músicos ensaian á outra beira do río Miño, pero o ruído que provoca un grupo de batucada mantén en pé de guerra algúns veciños do barrio da Acea de Olga, en Lugo.
Din que levan máis dun ano aguantando e que xa protestaron no Concello. A resposta, que o grupo ensaia pola tarde, como moito ata as dez, e que ninguén solicitou unha medición de ruído. Outros veciños, pola contra, consideran que a cousa non é tan grave.
O problema agrávase nestas datas, porque o grupo ensaia no exterior do local, xa que dentro non aguanta coa calor. Os integrantes prefiren non dar a cara, pero manteñen que non queren molestar e que son moi respectuosos cos horarios. Así o confirman membros da asociación veciñal do barrio da Ponte, que lles cede o local de ensaio.
Os denunciantes da Acea de Olga non quixeron facer declaracións á Televisión de Galicia. Din que van manter unha xuntanza e non descartan crear unha nova asociación para reclamar medidas.