Publicador de contidos
Publicador de contidos

A vendima da Ribeira Sacra arrinca cunha colleita de godello moi boa

A vendima da Ribeira Sacra arrinca cunha colleita de godello moi boa

Tanto a uva da variedade godello coma a da mencía está sendo extraordinaria

Falta remuda xeracional para manter a vendima tradicional

G24.gal 17/09/2023 14:51 Última actualización 17/09/2023 19:28

Entre seis e sete millóns de quilos de uva de moi boa calidade é o que se espera que se recolla este ano na vendima da Ribeira Sacra, unha colleita previsiblemente histórica nesta denominación tanto pola cantidade coma pola calidade.

Pouca uva branca queda por vendimar, un froito cada ano máis revalorizado. Para que se cumpran estas previsión teñen que manterse os parámetros climáticos que hai ata o de agora: calor, pouca choiva e que non haxa sarabia.  

Dende o xoves que comezou a campaña recolleuse un millón de quilos de uva, a metade branca, porque é a primeira que cómpre apañar, xa que madura antes. Empézase por ela para que conserve a acidez e a maduración correcta. 

Pero tan boa como a colleita de uva godella está sendo a de mencía. Os viticultores admiten que é das mellores recollidas que recordan, a pesar de teren que atallar os ataques dos fungos. 

O desexo dos viticultores é que se manteña un clima benigno cos viñedos.

Cada ano é máis difícil atopar traballadores que queiran participar desta viticultura heroica, un proceso que se transmite dunhas xeracións noutras, tal e como describe Iván, adegueiro.

Transmítese a cultura do viño, a cultura do traballo, a cultura do esforzo, para que poida haber unha continuidade, tamén nos traballos de todo o ano. É importante que se vaia incorporando xente nova. Temos un problema de man de obra e tamén coa idade dos nosos viticultores. Fai falta xente que traballe todo o ano.  

En canto que se recolle a uva, xa se mete nas adegas para continuar co proceso de elaboración do viño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade