Publicador de contidos
Publicador de contidos

Venezuela decide este domingo se mantén o chavismo no poder

Venezuela decide este domingo se mantén o chavismo no poder

As enquisas din que a plataforma opositora lle gañará a Nicolás Maduro

Os parlamentarios do PP expulsados de Venezuela chegan a Madrid

Máis de 21 millóns de persoas poden participar nas eleccións. REUTERS/Alexandre Meneghini
G24.gal 27/07/2024 14:05 Última actualización 27/07/2024 21:34

Máis de vinte e un millóns de venezolanos poderán votar este domingo nunhas eleccións consideradas cruciais para o futuro do país. O chavismo, no poder desde finais dos anos noventa, e o seu candidato, o presidente Nicolás Maduro, están seguros da súa vitoria.

"Este domingo decídese o futuro de Venezuela para os próximos cincuenta anos, paz ou guerra", afirmaba en Caracas o presidente Maduro.

A oposición ao chavismo, encabezada polo empresario e exdiplomático de 74 anos Edmundo González, e liderada pola inhabilitada líder da dereita, María Corina Machado, tamén están convencidos de que gañarán as presidenciais deste domingo.

"É a hora do reencontro, e coa palabra de Deus verémonos o próximo domingo e celebraremos o triunfo de Venezuela", sinalaba o candidato opositor Edmundo González

Entrega pacífica do poder

Nun país dividido desde hai anos entre chavistas e antichavistas, a oposición confía en que, se perde, Nicolás Maduro entregue pacificamente o poder.

A maior parte das enquisas danlle a vitoria ao candidato opositor, con máis de 25 puntos de vantaxe sobre o presidente Nicolás Maduro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar