Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vestir o traxe de Felo, un rito e unha tradición que preservan intacta

Vestir o traxe de Felo, un rito e unha tradición que preservan intacta

Para os veciños e tamén as veciñas de Maceda é un orgullo vestirse de Felo, un sentimento polo Entroido que vai pasando de pais a fillos e a así mantense vivo xeración tras xeración 

Din que son fillos da Serra de San Mamede e na súa carauta levan un animal representativo da zona

Consideran os Peliqueiros e os Cigarróns son os seus irmáns cos que teñen moitas similitudes na vestimenta pero tamén teñen trazos diferenciadores

 

Vestir o traxe do Felo é todo un rito que cumpren coa axuda dalgunha muller da familia.
G24.gal 17/02/2022 21:22

 Aínda que menos coñecidas que as máscaras e as personaxes do Triángulo Máxico ourensán, os cigarróns de Verín, os peliqueiros de Laza, e as pantallas de Xinzo, están tamén os ancentrais Felos de Maceda, que cada vez espertan un maior interese. Eles son o último vestixio do Entroido máis rural. 

"O personaxe do Felo adoita ir impecable e procuramos manter esta tradición de saír de punta en branco, coo se fosemos a unha voda", di José María Parente, o presidente da Asociación dos Felos de Maceda. 

"O primeiro é que é vestirse, non nos difrazamos, que é moi importante, que moita xente di un disfrace, e isto non é un disfrace, é un traxe", explica o felo José María Parente. 

Axudado pola súa irmá, Rosa, José María cumpre co rito de vestirse de Felo desde abaixo para riba, importante di levar a faixa ben apertada para non facerse dano coas cinco chocas que levan e que lle dan o seu particular son. O traxe complétase cunha gravata e a colorida chaqueta decorada cun pano.

O Felo de Maceda é fillo da Serra de San Mamede e ten un aspecto más rústico que os Peliqueiros e os Cigarróns, teñen moitas similitudes pero tamén trazos diferenciadores. 

Considéranos irmáns e din que están unidos pola Serra de San Mamede, os Peliqueiros, Cigarróns e os Felos. 

"Na vestimenta temos a diferencia que eles levan os zapatos baixos e as medias brancas. E levamos un caxato para apoiarnos e non caer. Dicían que tamén o levaban de xeito intimidatorio para os animais, para os lobos ou o que puidera xurdir na noite". 

O seu era andar polas corredoiras de aldea en aldea e contan que antigamente non podían pagar os traxes que que os alugaban e íanos pasando de uns a outros. 

Ser Felo é todo un orgullo que pasa de pais a fillos e foron os máis vellos das aldeas de Maceda os que mantiveron a tradición do seu Entroido ata soterrandos as carautas nas cortes despois da Guerra Civil. Agora os Felos co seu carácter anárquico e traste seguen percorrendo as aldeas e no Entroido eles son os que mandan.

Os máis vellos das aldeas conservaron as carautas e tradición do seu entroido. Os máis vellos das aldeas conservaron as carautas e tradición do seu entroido.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade