Celébrase a VI edición da feira castrexo-romana Friulio, en Friol
Celébrase a VI edición da feira castrexo-romana Friulio, en Friol
Volve a maxia castrexo-romana ás beiras do Narla
O emprazamento dos campamentos á beira do Narla e a recreación da aldea castrexa son dúas das características do Friulio que o fan unha das festas castrexo-romanas máis senlleiras.
O asentamento castrexo achéganos moitos dos oficios esenciais: ferreiro, panadeiro ou tecelán.
No campamento tamén se recrea a gastronomía da época.
Cada edición aumenta o espazo dedicado ao Friulio, tamén as actividades que ofrece esta festa familiar na que colaboran unhas 500 persoas.
A voda celta é un dos momentos que atrae maior número de público. Oficiada por unha druída, no enlace participan boa parte das trinta asociacións procedentes do norte peninsular que colaboran para que o Friulio aumente cada ano a súa maxia.