Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recreación histórica no xacemento arqueolóxico Aquis Querquennis

Recreación histórica no xacemento arqueolóxico Aquis Querquennis

G24.gal 29/06/2024 16:31

O xacemento arqueolóxico Aquis Querquennis en Baños de Bande, en Ourense, volve ás súas orixes con recreacións dos seus tempos como campamento militar aló polo século primeiro. Toda unha viaxe no tempo na que participan distintas asociacións encargadas de transportarnos séculos atrás, tanto no recinto como no exterior do xacemento. Hai visitas guiadas, distintas recreacións e oportunidade de ver de preto a instrución das lexións, tamén xogos da época.  E todo aquí, neste campamento militar romano de Aquis Querquennis, un dos máis investigados de toda a península ibérica. Esta fin de semana volve a súa orixe, toda unha lección de historia en pleno século primeiro.

"Este sitio é Aquis Querquennis, un campamento romano fixo, un posto de garda e abastecemento para a vía que unía Bracara Augusta con Astorga Augusta."

Aquí a beira do río Limia viviron durante décadas no século primeiro arredor de 500 lexionarios. Díficil atopar un lugar mellor para esta recreación histórica.

"Estamos xusto a carón dun campamento romano que é Aquis Querquennis, un pouco máis aló había unha mansio e máis aló estaban as termas. Estamos nun entorno completamente romano e por iso eliximos este sitio."

O campamento ten  a súa parte militar pero tamén a civil. Por iso están presentes tamén os xogos de azar.

"As actividades cotiás da xente normal, non a alta aristocracia, este tipo de xogos practicábase moito, sobre todo xogos de mesa, que lles encantaban"

Os soldados non só fan instrución, desta vez toca tamén vadear o río para chegar o campamento, iso si, co equipamento a salvo tal e como recollen as crónicas. 

"A aqueles que lles guste a recreación, a historia romana recoméndolles que se apunten a estas cousas".

Os soldados marcharon do campamento no ano 120 despois de cristo, deixando tras de unha chea de vestixios que hoxe semella volven cobrar vida. Unha viaxe de séculos a través da historia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar