Vieites pensa que os fondos europeos poderían frear a desaceleración no 2024
Vieites pensa que os fondos europeos poderían frear a desaceleración no 2024
Segundo datos do IGE, Galicia desacelerou o seu crecemento no ano 2023
A economía galega medrou un 1,8 % en 2023, pero menos ca nos dous últimos anos
O aumento do PIB en Galicia está por debaixo do avance do 2,5 % da economía española
Galicia desacelerou o seu crecemento en 2023. Así o indican os datos que esta semana deu a coñecer o Instituto Galego de Estatística. Revelan que Galicia medrou no económico, pero non tanto coma nos últimos anos nin como a media española.
Concretamente, a economía galega medrou un 1,8 % en 2023, pero menos ca nos dous últimos anos. O aumento do Produto Interior Bruto está ademais por debaixo do avance do 2,5 % da economía española.
Desde a Confederación de Empresarios de Galicia cren que a desaceleración continuará neste 2024 e que reverter a situación depende en boa medida de que cheguen a Galicia os fondos europeos.
"No 2024 vai haber unha pequena desaceleración, que vai depender moito dos fondos comunitarios, se chegan a Galicia e o Goberno do Estado pois realmente todos eses proxectos que están enriba da mesa se poden desenvolver de maneira estratéxica que son para a nosa comunidade autónoma", di Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.
Desde a Confederación de Empresarios de Galicia aseveran que é necesario apostar ademais por un tecido produtivo competitivo.
"Fáltanos a parte do tecido industrial, esa política industrial, necesitamos chegar a ese 20 % que xa a UE no ano 2020 dicía que España tiña que ter, e Galicia polo tanto, e que non chegamos e estamos en niveis do 12-13 %", engade.
O que si medran claramente en Galicia son as exportacións, sendo unha das comunidades máis dinámicas nese senso polos seus sectores estratéxicos.