Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vigo con máis de 11.000 casos, á cabeza de Galicia en infeccións por covid

Vigo con máis de 11.000 casos, á cabeza de Galicia en infeccións por covid

Son case 1.200 os contaxios na última xornada

G24.gal 01/01/2022 15:53

Dous equipos realizan as PCR no punto móbil do Náutico de Vigo cunha presenza moi escasa de persoas este sábado.

A imaxe dista moito destoutra gravada hai quince días, cando aínda se podía vir sen cita, e Vigo apenas roldaba os 5.000 casos. Duplicáronse en medio mes, hoxe son xa  11.377 as persoas afectadas na área sanitaria de Vigo, nas últimas xornadas os casos soben unha media dun milleiro de afectados ao día nun tempo de festa, grandes eventos e maior interacción social, aínda colean tamén os detectados nos centros escolares.

Os test de antíxenos preventivos que se están a realizar nas casas tamén fan aflorar novos posibles casos.

Con todo o impacto na hospitalización na área sanitaria  de Vigo está sendo moderado hai 14 persoas nas UCI dos hospitais vigueses, as mesmas có pasado mércores, e setenta e catro hospitalizados só tres máis que  hai catro días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade