Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía india identifica os sete implicados na violación dunha turista española

A policía india identifica os sete implicados na violación dunha turista española

A muller foi vítima dunha agresión sexual en grupo e o seu marido, atacado e ameazado cun coitelo

Polo momento detiveron catro persoas en relación co caso e o resto está en busca e captura 

O hospital onde atenderon a parella tras o ataque
G24.gal 03/03/2024 09:05 Última actualización 03/03/2024 22:54

A policía india asegurou este domingo ter identificados os sete supostos implicados no ataque e a violación en grupo dunha turista española que viaxa co seu home polo nordés do país. Porén, só catro dos sospeitosos foron arrestados.

"Xa que identificamos os nomes de todos (...) Durante o interrogatorio, os acusados confesaron a súa participación no asunto (...), e os que restan serán arrestados pronto", asegurou nunha conferencia de prensa o superintendente de policial local, Pitambar Singh Kherwar.

O suceso, que recibiu grande atención mediática, en parte por tratarse de estranxeiros, foi considerado un "caso moi serio", polo que a Policía constituíu dous equipos de investigación especial para o procedemento.

"Un dos equipos examinará a recompilación de probas; e o segundo equipo formouse para capturar os acusados restantes; eles están a investigar e achandando constantemente os lugares", dixo Kherwar.

A parella, que leva varios meses viaxando para percorrer países de Asia, instalara unha tenda de campaña o venres preto dunha estación policial do distrito de Dumka, no estado de Jharkhand, para pasar a noite, cando sufriron o ataque.

Violación grupal

As vítimas lograron comunicarse cunha patrulla policial e foron trasladados a un hospital local. Nunha declaración en vídeo, o home asegurou que a súa muller fora violada por "sete persoas", mentres un atacante o ameazaba cun coitelo. Ademais, denuncia que lle roubaron o que tiñan.

A parella, que recibiu violentos golpes, acudiu este domingo a un tribunal para prestar declaración ante o xuíz, segundo informou unha fonte policial próxima ao caso. Ambos os dous están nunha residencia oficial do Goberno local, en Dumka, para garantir a súa seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade