Publicador de contidos
Publicador de contidos

Viralízase nas redes sociais o quefacer diario dunha mercería da Coruña

Viralízase nas redes sociais o quefacer diario dunha mercería da Coruña

Ramón Santos acumula millóns de visualizacións en TikTok cun vídeo en MSR na procura dun botón 

G24.gal 18/04/2023 21:57 Última actualización 18/04/2023 22:34

Ramón Santos acumula millóns de visualizacións en TikTok cun vídeo en MSR na procura dun botón na súa mercería.

"As redes sociais son o presente e a mercería está no presente e por iso estamos nas redes sociais. Son importantes porque son o escaparate perfecto cara á xente".

Vencellado profesionalmente ao sector téxtil, Ramon fíxose cargo en 2019 da Crisálida, unha mercería das de toda a vida que remonta a súa orixe aos anos 40 do século pasado. A súa peculiaridade: a especialización.

"Nós non temos paquetería por exemplo, non temos roupa interior como outras mercerías. Estamos totalmente e absolutamente especializados en mercería e labores como fíos e todos os insumos que son necesarios para costura, para facer arranxos e todo iso. O noso obxectivo é que a mercería non só continúe senón que creza. Que moitísima máis xente poida vir e que se afeccione aos labores ou á confección ou haxa tamén un cambio de mentalidade e que a xente volva arranxar a súa roupa e non sexa todo tan fast fashion e usar e tirar".

Para acadar o seu propósito Ramón atopou un aliado nas redes sociais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade