Publicador de contidos
Publicador de contidos

Visita oficial do presidente de Cabo Verde: "Estar en Galicia é como estar na casa"

Visita oficial do presidente de Cabo Verde: "Estar en Galicia é como estar na casa"

Pereira Neves estivo en Burela, onde reside unha importante comunidade caboverdiana dende hai máis de corenta anos

G24.gal 07/04/2024 21:01 Última actualización 07/04/2024 21:59

O presidente de Cabo Verde estivo este domingo de visita oficial en Galicia. Percorreu pola mañá Santiago de Compostela e pola tarde visitou Burela, onde residente unha importante comunidade de orixe caboverdiana dende hai máis de corenta anos.

A visita do presidente da República de Cabo Verde comezou cunha recepción no concello da Mariña lucense, onde foi recibidido pola alcadesa, a corporación municipal, o conselleiro do Mar e a subdelegada do Goberno.

José María Pereira Neves destacou os lazos que unen Cabo Verde con Burela e con Galicia, e agradeceu a axuda das administracións para integrar a comunidade caboverdiana, tan numerosa que, segundo asegurou, estar en Galicia e como estar na casa.

Pereira Neves asinou no libro de honra do Concello. Lembrou que é a segunda vez que visita Burela, xa que hai 17 anos estivera de visita oficial cando era primeiro ministro do país. 

A alcaldesa burelá Carmela López destacou a importancia da comunidade caboverdiana na vida local e comprometeuse a seguir traballando na súa integración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade