Cargando resultados...
Visitamos o Santa Mariña, berce futbolístico de Brais Méndez
Visitamos o Santa Mariña, berce futbolístico de Brais Méndez
Polo Santa Mariña pasaron outros canteiráns do Celta como Rubén Blanco, Jonhathan Pereira, Gabri Veiga ou ata Iago Aspas
G24.gal
14/10/2022 13:12
Última actualización 14/10/2022 13:20
Chega a Balaídos o socio número 9.321 do Celta: Brais Mández. Faino no mellor momento da súa vida. Un futbolista que saíu das instalacións de Santa Mariña. Como Rubén Blanco, Jonhathan Pereira, Gabri Veiga ou ata Iago Aspas que pasou por esta entidade de formación que abriu as portas a un equipo da Televisión de Galicia coa complicidade do pai de Brais Méndez.
A Real Sociedade apostou forte polo canteiràn de Mos: 15 millóns de euros. O pai de Brais, futbolista nos anos 80 e 90, ten claro que era o momento axeitado para que o seu fillo dese o salto.
O domingo Brais volverá a Balaídos para enfrontarase aos seus amigos.