Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cinco anos tras as lapas: así foi reconstruír un fogar dende as cinzas

Cinco anos tras as lapas: así foi reconstruír un fogar dende as cinzas

En Carballeda de Avia arderon daquela 14 vivendas. Coas axudas públicas, restauraron 13

Tamén repararon naves, adegas e infraestruturas municipais, por un importe total de 2,5 millóns de euros

Carmine foi un dos afectados polos incendios de 2017
G24.gal 29/07/2022 20:54

Este venres publicáronse no DOG as axudas da Xunta para a rehabilitación de vivendas afectadas polos incendios. Un proceso polo que xa pasaron outros, tras a destrutiva vaga de incendios de 2017. 

É o caso de Vilar de Condes, en Carballeda de Avia, que hai case cinco anos amencía devorado polas lapas. Unha das vivendas calcinadas foi a de Elvira e Carmine, un matrimonio emigrado en Suíza, que acababa de arranxar a casa para xubilárense aquí.

"Un golpe mal dado. Quedas sen palabras e todo. A miña muller choraba", di Carmine Scotto, copropietario da vivenda.

Hoxe cóntanos a historia desde a súa nova casa, a que rexurdiu das cinzas da anterior. Recibiron 90 mil euros de subvención da Xunta máis a achega do seguro.

En Carballeda arderon daquela 14 primeiras vivendas.

 Luis Milia, alcalde de Carballeda de Avia: "Ademais, eran as vivendas máis humildes, porque era un lume de copa: viñan as polas dos piñeiros ardendo e caían onde a xente tiña estrume, ou tellados de madeira".

O propio concello asesorou veciño a veciño para que ninguén quedase sen axudas.

Luis Milia, alcalde de Carballeda de Avia: "Á xente hai que dicirlle: vés ao Concello, e desde o Concello facémosche a solicitude, falamos co arquitecto para que faga unha valoración do ano e, desde aí, facer seguimento".

De recordo, Carmine conserva un castiñeiro calcinado que agora produce amorodos e mesmo se anima a rebrotar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade