Vitoria cómoda do Compostela na casa fronte ao Cayón (2-0)

Os santiagueses tiveron ocasións para poder aumentar a diferenza no marcador, pero non estiveron acertados na definición

O Cayón mantense nos postos de descenso e pon fin a unha racha de cinco xornadas sen coñecer a derrota

G24.gal 12/11/2023 20:59

O partido da 2.ª RFEF entre o Compostela e o Cayón rematou cunha vitoria cómoda por parte dos locais. Dende o arranque, o Compos tivo ocasións claras para marcar, das que só materializou unha grazas a un remate de cabeza por parte de Jaime Santos. Pola súa parte, o Cayón apenas se acercou á área rival na primeira metade, que remataría con 1-0.

No segundo período, o Compostela marcaría o 2-0 na primeira xogada, e a partir de aí o encontro igualaríase máis. A pesar das numerosas oportunidades de ambos os equipos, o resultado quedaría nese 2-0.

Co resultado, o Compostela aséntase na metade da táboa e mira de cerca a zona de play-off, mentres o Cayón queda outra semana máis en postos de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar