Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado, segundo en Lombok, logo dunha espectacular loita con Febvre

Jorge Prado, segundo en Lombok, logo dunha espectacular loita con Febvre

Rubén Fernández foi o 5.º e ascende ao 3.º posto do Mundial, cun só punto de vantaxe con respecto a Jeremy Seewer

O máis destacado da segunda manga en Lombok
G24.gal 02/07/2023 08:23 Última actualización 02/07/2023 11:38

Jorge Prado non puido conseguir a vitoria no MXGP de Lombok despois dunha pechada e vibrante loita con Romain Febvre. Prado non puido co francés na segunda rolda. Os dous pilotos protagonizaron un espectacular man a man. Porén, Prado aumenta en dous puntos a súa vantaxe sobre Febvre grazas á carreira de cualificación. Ten 103 puntos de renda.

As imaxes máis destacadas da primeira rolda

Jorge Prado conseguiu un espectacular triunfo na primeira rolda do MXGP de Lombok, en Indonesia. Saíu no cuarto posto e foi remontando ata o cara a cara final con Romain Febvre. A dúas voltas do final adiantou ao francés nunha incrible manobra en que as dúas motos estiveron a piques de tocarse.

O espectacular adiantamento de Prado a Febvre na primeira carreira

Rubén Fernández non tivo tanta sorte. Realizou unha excelente saída e colocouse axiña no segundo posto por detrás de Febvre. Posteriormente tivo unha caída e unha saída de pista que lle fixeron perder posicións diante de Coldenhoff e Seewer. Precisamente con este último protagonizou durante varias voltas unha bonita loita con adiantamentos mutuos.

Na segunda rolda repetiuse practicamente a situación. Man a man entre Fernández e Seewer con triunfo final para o suízo. Fernández tivo que conformarse co 5.º posto na rolda e no Gran Premio. Válelle poara ascender ao terceiro posto do Mundial, cun só punto de vantaxe sobre Seewer.

Fernández e Seewer enfrontáronse durante todo o Gran Premio
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar