Cargando resultados...
Vitrasa proba en Vigo un bus 100 % eléctrico
Vitrasa proba en Vigo un bus 100 % eléctrico
Ata o xoves o autobús circulará sen pasaxeiros
G24.gal
09/04/2024 20:01
Última actualización 09/04/2024 20:11
O novo modelo de autobús eléctrico en probas pódese ver polas rúas de Vigo ata o xoves, aínda que a normativa non permite os pasaxeiros polo de agora.
Xustamente a comodidade da pasaxe, a mobilidade sostible e a innovación impulsaron a compañía Vitrasa e o Concello a teren en conta este novo vehículo de fabricación española cen por cento accesible polos dous laterais, illamento acústico e térmico e, sobre todo, respectuoso co medio, sen emisións contaminantes.
Este vehículo foi elixido Bus Ecolóxico do ano 2022 en España.