Viveiro e Ferrol viven en multitude e con devoción as procesións da Semana Santa
Viveiro e Ferrol viven en multitude e con devoción as procesións da Semana Santa
O Domingo de Ramos marca o inicio das celebracións en moitas vilas e cidades galegas
O Domingo de Ramos marca o inicio das celebracións da Semana Santa en moitas vilas e cidades galegas. Milleiros de persoas tomaron parte nos oficios relixiosos. Coma todos os anos as procesións máis multitudinarias foron as de Ferrol e Viveiro.
Ferrol quere superar os 350.000 visitantes que trouxo a Semana Santa pasada, a do 2022. De momento, coma sempre, este domingo os fieis admiraron tres procesións, das 23 que desfilarán ata o Domingo de Resurrección.
A de Xesús, amigo dos nenos, a da burriquiña, que organiza a confraría das Dores, e a do Ecce Homo. Houbo beizón de palmas e ramos primeiro, máis modestamente, ás portas do santuario das Angustias, do século XVIII, e despois, no acto máis multitudinario do día, na praza de Amboaxe.
Este día marca tamén o inicio da semana máis importantes de Viveiro, o gran referente xunto con Ferrol da Semana Santa en Galicia. Dúas procesións este domingo, a do Ecce Homo, con catro pasos e a da entrada triunfal de Xesús en Xerusalén.
En Vigo, a procesión da burriquiña comezou na parroquia de María Auxiliadora para acabar na Porta do Sol, xa reformada.