Publicador de contidos
Publicador de contidos

Viveiro gaña a primeira Olimpíada Escolar Nacional de Seguridade Viaria

Viveiro gaña a primeira Olimpíada Escolar Nacional de Seguridade Viaria

Competiron cinco equipos de quinto de primaria

O evento realizouse no Pazo da Cultura de Narón

Este concurso, amais de fomentar a seguridade, inclúe contidos transversais

 

G24.gal 09/05/2024 14:16

Cinco grupos de quinto de primaria compiten por ser os que máis saben de seguridade viaria. Un equipo vén de Madrid. "Dixéronnos que iamos vir competir, elixíronnos a seis e aquí estamos", di Ahmad. Hai outro de Navarra, outro de Viveiro... e dous que xogan na casa. "E viñemos aquí a pasalo ben, divertirnos e dalo todo", explica Ainara

En Narón levaban cinco anos con estas olimpíadas a nivel municipal e agora deron o salto nacional impulsados pola Federación de Autoescolas. "O que ten de bo é que os nenos son esponxas e serve de reflexo, tamén educan os pais", di a representante da Federación de Autoescolas de Navarra. "A través desta educación aprenden cidadanía, medio ambiente, comportamento na rúa..."engade o responsable de educación viaria do concello.

A lección semella ir callando entre a cativada. "Conciéncianos aos nenos da importancia da seguridade viaria e obríganos a aprender cousas importantes para evitar accidentes", di Noa. Cada equipo ten ben identificadas as súas fortalezas e debilidades. "A nós dánsenos mal as matemáticas", lamenta Iago, e Beltrán gábase: "O inglés dásenos moi ben".

Déronselles ben máis probas: foi o equipo do colexio Lois Tobío de Viveiro o que quedou primeiro nesta competición olímpica, pero, o que é gañar, gañaron todos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade