Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vivenda anuncia a compra de parcelas a Defensa para construír 500 vivendas destinadas a alugueiro social

Vivenda anuncia a compra de parcelas a Defensa para construír 500 vivendas destinadas a alugueiro social

Unha desas parcelas está na Coruña

Anunciouno a ministra de Vivenda, que estivo de visita en Betanzos

G24.gal 18/07/2024 14:54 Última actualización 18/07/2024 15:21

A ministra de Vivenda di que o plan para ofrecer vivenda en alugueiro asequible pasa por dispoñer de solo público. Por iso as parcelas que se van mercar a Defensa servirán para construír vivendas con este formato

Isabel Rodríguez di que o Goberno vai promover máis de 1.400 vivendas de alugueiro asequible e rehabilitar 18.000 vivendas en total, da man da Consellería para garantir o acceso á vivenda de todos os galegos e galegas

Un proxecto de rehabilitación que Betanzos avanza froito desa colaboración entre as distintas administracións. Segundo a alcaldesa de Betanzos, o plan barrios, anteriormente o ARI, son imprescindibles en zonas históricas para axudar a rehabilitar e facer que nos centros históricos, como é o de Betanzos,  volva haber vida e dinamizalos

E tamén para que sirvan como elementos de promoción turística.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade