O Viñobús Vendima achega a experiencia da viticultura nos canóns do Sil
O Viñobús Vendima achega a experiencia da viticultura nos canóns do Sil
Participar na vendima axuda a valorar o viño que se produce na zona
Caras de alegría cando o vehículo do Viñobus se achega ás viñas procedente de Monforte de Lemos. Paisaxe impactante e fotos para lembrar unha experiencia única: a colleita das uvas. A subida é arriscada, dura, xusto a mesma que fai o persoal das adegas.
Unha vez arriba, cada un con cadansúa tesoira, compréndese á perfección o motivo polo que a viticultura nesta zona se cualifica de heroica. No grupo hai xente de Irán, Venezuela, O Brasil ou Galicia.
O dono da viña explica cal é o sentido de ofertar estas experiencias e o problema que hai nesta denominación. Dende o 2014 convídase a xente a participar na vendima e agora a comprensión do viño é outra.
Ao mediodía a experiencia complétase na adega, coa pisa da uva. Sorprende este tipo de contacto co froito. Poucas oportunidades hai de facer algo así e case todo o mundo queren sentir as uvas entre as dedas.
A xornada remata coa cata do viño. Ese viño que agora sabe distinto, xa que o coñecemento do caro que é producir cada unha destas botellas tamén fai que aumente o seu sabor.