Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volve a procesión do Cristo da Vitoria tras dous anos de ausencia

Volve a procesión do Cristo da Vitoria tras dous anos de ausencia

Volve cun percorrido novo que recupera o seu paso pola rúa peonil do Príncipe

Nesta mañá de domingo, milleiros de devotos facían o percorrido para evitar as aglomeracións da tarde

A procesión comezará ás sete e media da tarde e será retransmitida en directo pola Televisión de Galicia

G24.gal 07/08/2022 14:25 Última actualización 07/08/2022 14:45

Sós, ou acompañados, con candeas e mesmo descalzos, é a procesión previa que fan milleiros de devotos dunha maneira máis persoal polo percorrido que esta tarde fará o Santísimo.

Moitos queren evitar así as aglomeracións sen faltar á cita a unha peregrinación que ten moito de tradición familiar.

Volve a procesión tras dous anos de ausencia pola pandemia cun percorrido novidoso que pasará por esta rúa do Príncipe e tamén pola recentemente estreada Porta do Sol, onde hoxe confeccionaban unha alfombra floral.

A procesión sairá ás sete e media da tarde dende esta concatedral-basílica de Vigo. Agárdase unha grande afluencia de xente. Unha cita que poderá seguirse en directo dende esta casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade