Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volve a Viana e Vilariño de Conso a Mascarada Ibérica

Volve a Viana e Vilariño de Conso a Mascarada Ibérica

A Vibo Mask, unha convivencia de entroidos de Galicia, do resto España, de Portugal ou de Italia

G24.gal 19/03/2022 21:38

Despois de que o ano pasado non se puidese celebrar pola pandemia, volve a Viana do Bolo e a Vilariño de Conso, malia que con atraso con respecto ás datas habituais, a Mascarada Ibérica. Coa presenza este ano dos entroidos galegos principais e con outros menos coñecidos para nós, do resto de España e mesmo de Portugal e Italia que non deixaron indiferentes os centos de visitantes.

Os anfitrións, os folións e os boteiros de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, abriron o desfile da sétima edición da Mascarada Ibérica. Gustaron moito entre os espectadores do desfile os do carnaval de Abanto, en Biscaia. Tamén veu este ano representación de Asturias.

E é que a Vibo Mask, máis que un desfile, é unha convivencia. Un encontro internacional coa presenza este ano de Italia, cos mamuthones e issohadores de Sardeña, e os caretos de Portugal, moi brincadores.

E como non, os personaxes dos principais entroidos galegos, pantallas, cigarróns, bonitas, mázcaras... non falta ningún. O domingo teñen outra oportunidade, en Vilariño de Conso contra o mediodía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade