Publicador de contidos
Publicador de contidos

Giséle Pelicot di que nunca desconfiara do seu home, a quen tiña por un marido perfecto

Giséle Pelicot di que nunca desconfiara do seu home, a quen tiña por un marido perfecto

A muller vítima de centos de violacións organizadas polo exmarido volve declarar e di que tampouco sospeitaba que a drogaba

Pelicot, que hoxe é un símbolo en Francia contra a violencia sexual, recoñeceu sentirse destruída
 

G24.gal 23/10/2024 14:16

Máxima expectación este mércores nos xulgados de Aviñón, no sur de Francia, por unha nova comparecencia de Gisèle Pelicot. Recibida entre aplausos, chegaba acompañada dos seus letrados.

Gisèle foi vítima durante dez anos de centos de violacións organizadas polo seu marido cando ela estaba baixo os efectos das drogas. Contoulle ao tribunal que non desconfiaba do seu marido, o que vía como o home perfecto. Que tampouco sospeitaba que a estaba drogando, que nunca sentira nada fisicamente, só que espertaba co pixama posto e máis cansa do normal. O home leváballe o seu xeado favorito á cama mesturado con ansiolíticos.

Dixo que ao longo do proceso se sentira "ferida e cuestionada". As defensas dos acusados chegaron a tachala de alcohólica e cómplice. A muller acudiu a todas as sesións do xuízo, escoitou o testemuño dos acusados e viu as imaxes das violacións gravadas polo seu exmarido, Dominique Pelicot.

Asegurou que difundir os vídeos fora unha decisión difícil, pero que permitiu que saíra a verdade, e que desde o principio quixo que o seu caso sirva para cambiar a sociedade.
Gisèle, que hoxe é un símbolo en Francia na loita contra a violencia sexual, recoñeceu sentirse destruída.

O xuízo prolongarase ata o 20 de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade