Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volve o comercio do troco ao campus de Ourense

Volve o comercio do troco ao campus de Ourense

Co ánimo de reducir o consumo excesivo, os alumnos de Educación e Traballo Social de Ourense promoven o troco

Organizaron unha xornada de intercambio de produtos para inculcar na sociedade un consumo responsable e respectuoso co medio

G24.gal 07/05/2024 20:49 Última actualización 07/05/2024 21:02

Parece un posto do mercado, pero non hai prezos nin se admiten euros. Só funciona o troco, nunha volta ás orixes do comercio.

Estela Ochoa, alumna de Educación e Traballo Social: "Pezas de roupa, libros, xoguetes, accesorios... póñense en contacto as dúas persoas que queren trocar e, se chegan a un acordo, intercámbianse".

É unha actividade dos alumnos de Educación e Persoas Adultas porque é aos maiores a quen vai dirixida a mensaxe.

Óscar Domínguez Táboas, alumno de Educación e Traballo Social: "Sempre poñemos o foco nos nenos, na escola, pero os adultos tamén o podemos facer".

Detrás hai semanas de traballo, de reflexión sobre o consumo responsable, a reutilización e a economía circular, máis respectuosa co medio, a mensaxe que lles trasladan aos participantes.

"Darlles unha segunda vida a cousas que non queremos ou que temos pola casa paréceme moi boa idea", asegura un participante.

E non só trocan obxectos, tamén experiencias, consellos e habilidades. Propostas desde a Facultade de Traballo Social para facer comunidades máis solidarias e concienciadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar