Volve o festival PortAmérica mesturando música e gastronomía de xeito sublime
Volve o festival PortAmérica mesturando música e gastronomía de xeito sublime
No cartel do primeiro día están artistas como Deluxe, Quique González ou Gustavo Santaolalla
O showcooking está considerado como o restaurante efémero máis grande do mundo e onde na edición pasada se serviron máis de 20.000 tapas
Este xoves comezou un dos festivais máis consolidados e agardados do verán galego, o PortAmérica. Tres días de música en directo onde a gastronomía xoga tamén un papel importante. Os asistentes poderán degustar os petiscos dalgúns dos chefs máis reputados.
Volve un ano máis o PortAmérica ao concello de Portas, aínda que desta volta en concreto a Portas, á zona da Azucreira, pero faino apostando de novo pola mesma receita: boa música e boa gastronomía.
No cartel deste primeiro día de festival hai artistas consagrados coma Deluxe, Quique González e outros coma Guitarricadelafuente ou Gustavo Santaolalla.
Será o primeiro prato porque mañá e pasado subirán ao escenario artistas moi agardados e tamén moi diversos como Sebatián Yatra, Jorge Drexler, Nicki Nicole, Bad Gyal, Silvana Estrada ou Carlangas.
Isto en canto á música, pero como dicimos o festival tamén aposta por ser escaparate das creacións culinarias de chefs da altura de Pepe Solla, Javier Olleiros ou Héctor Lopez. Será na zona que deron en chamar ShowRocking, considerado o restaurante efémero máis grande do mundo e onde na edición pasada se serviron máis de 20.000 tapas.