Publicador de contidos
Publicador de contidos

O San Xoán volveu acender a noite en todas as cidades e vilas do país

O San Xoán volveu acender a noite en todas as cidades e vilas do país

Máis de 125.000 persoas celebraron a noite máxica na Coruña

Nigrán vibrou coas cacharelas e a música

Volveron as cacharelas e as sardiñadas multitudinarias á Coruña (EFE/Moncho Fuentes)
G24.gal 24/06/2022 08:57

A cidade da Coruña volveu ser epicentro do San Xoán galego. Tras dous anos sen celebración por mor da pandemia, o lume e a festa volveron ás praias coruñesas. Como é tradición, familias na de Riazor, xuventude na do Orzán. 

E como xa se prevía, a celebración foi multitudinaria. Nin sequera a ameaza de chuvia e as pingueiras intermitentes frearon as ganas de xolda. Concedéronse máis de 700 permisos só nesta cidade para prender cacharelas e facer grelladas. 

Volveron os saltos ás fogueiras, o de pedir os desexos dándolle o lombo ao mar, o de deixar o malo atrás, máis ca nunca este ano.  Pero non só nos areais. Os paseos estiveron ateigados de xente ata ben entrada a noite.  O mellor de todo, que non houbo incidentes. 

No sur de Galicia, moito lume tamén na praia de Panxón, en Nigrán. E música para amenizar a noite máxica. Calculan que unhas 30.000 persoas participaron deste san Xoán de regreso á normalidade. 

Desde o Concello facían un chamamento á diversión, pero tamén á responsabilidade.

A chuvia si frustrou a festa noutros concellos. No de Pontevedra, obrigou a suspender a cacharela máis importante e en Marín pospúxose a de Cantodearea para mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar