Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volve subir o pan artesán para afrontar os custos de produción

Volve subir o pan artesán para afrontar os custos de produción

En Ourense xa se rexistraron incrementos de 5 a 15 céntimos por peza nalgunhas panaderías, e outras estudan seguir o mesmo camiño

Atribúeno ao encarecemento continuo dos custos de produción

G24.gal 01/03/2024 14:10

Desde o inicio da guerra de Ucraína, hai dous anos, o pan encareceu un 16 por cento. A última suba, esta mesma semana.

"No meu caso, que xa lle subín, sobe cinco céntimos a barra, dez a bola pequena e quince a grande", indica Iván Nieto, panadeiro de Osi Gourmet.

Din que é a única maneira de lles facer fronte aos custos de produción, que se dispararon moito máis que o pan ou as empanadas nos fornos artesáns.

"Require ter moito persoal, todo moi manual: man de obra, enerxía, transporte... Se isto segue así, estamos abocados ao peche", sinala Iván.

"Hai que subir os prezos porque, se non, non dás subsistido, non dás pagado o que tes que pagar. Temos unha marxe moi pequeniña", engade Javier Laude, da panadería Palillos.

A as que aínda non subiron os prezos pensan que non tardarán.

Heidi Banegas, traballa nun despacho de pan: "Todos os clientes están á expectativa, se vai subir 10, 5... Supoño que me virán os prezos novos a partir do luns".

Tamén corre perigo, advirten desde o sector, o repartimento polas aldeas, ante o incremento do prezo dos carburantes.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos