Volve o anticiclón despois de máis dun mes de borrascas

O mercurio superará os 20 graos en moitas localidades durante a fin de semana

G24.gal 17/11/2023 13:44

Despois de 33 días seguidos de chuvia, esta mañá notábase nas caras mellor ánimo. É venres, estamos ás portas da fin de semana, pero sobre todo: non chove. E iso, despois dun mes seguido de borrascas, é motivo abondo para estar de bo humor.

A chuvia vainos dar unha tregua. O anticiclón dos Azores veu para quedar polo menos uns días. A fin de semana en moitas localidades superáranse os 20 graos.

Pero o domingo xa empezará a soprar o vento do norte, así que preparen os abrigos, porque os termómetros van baixar sensiblemente. O martes mesmo podería caer algunha folerpa nas cotas máis altas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar