Vox rexistrará o vindeiro luns a moción de censura con Tamames como candidato
Vox rexistrará o vindeiro luns a moción de censura con Tamames como candidato
Así o decidiron este mércores o propio economista co líder da formación, Santiago Abascal, nunha reunión na sede do partido
Vox anunciou que rexistrará a moción de censura contra o Goberno de Pedro Sánchez co economista Ramón Tamames como candidato o vindeiro luns 27 de febreiro.
Así o decidiron este mércores o propio economista co líder da formación, Santiago Abascal, nunha reunión na sede do partido.
Nun comunicado, Abascal explicou que a moción pretende "devolver a palabra aos españois". E engadiu que cumpre co "compromiso de presentar un candidato independente".
Abascal defendeu a candidatura de Tamames, "un español independente, de brillante traxectoria intelectual, símbolo da reconciliación nacional, para que represente millóns de españois que, máis aló de partidos, esixen unha dimisión inmediata dun Goberno contrario aos intereses da nación".