Baixo tutela de Menores o fillo da muller que supostamente se suicidou en Paradela, Lugo
Baixo tutela de Menores o fillo da muller que supostamente se suicidou en Paradela, Lugo
A muller apareceu morta o venres na casa e o luns apareceu morto o padrasto do menor
O adolescente, de 15 anos, está ben e a Garda Civil mantén aberta a investigación sobre este caso
Xa está baixo a tutela de Menores o adolescente de Paradela que estaba desaparecido desde a semana pasada. Nese período de tempo apareceron mortos a súa nai e o seu padrasto, que, supostamente, se suicidaron. A nai suicidouse o venres pasado e o padrastro apareceu o luns. A Garda Civil mantén aberta a investigación sobre este caso.
"A propia Garda Civil, hoxe mesmo falei co xeneral e trasládame que seguen coa investigación dos dous supostos suicidios, polo tanto ver e corroborar que sexa así, e no caso do menor facerlle un seguimento, non podo trasladar máis información ao respecto", dixo hoxe o delegado do Goberno, José Miñones.