Publicador de contidos
Publicador de contidos

Regresan a Galicia os xubilados feridos en Mallorca nunha viaxe do Imserso

Regresan a Galicia os xubilados feridos en Mallorca nunha viaxe do Imserso

Xa están na casa, co susto no corpo, aseguran
 

O autobús de Mallorca precipitouse por un desnivel de máis de dous metros
G24.gal 15/03/2024 14:27

"Eu colgada aló arriba e a xente toda tirada por baixo, moi forte, moi forte", comenta unha muller que ía no autobús. 

"Ao que foi non nos temos aínda que queixar, eh, porque foi terrible", apunta o seu home, que resultou ferido.

Pasaron 4 días dende que tiveron o accidente, pero aínda teñen o susto no corpo. Esta mañá chegaron ao aeroporto de Santiago os preto de 160 galegos que foron de viaxe a Mallorca co Imserso. Entre eles, os 16 que ían no autobús sinistrado.

"Ía detrás de todo do lado que caeu, si, polo lado que deu a volta, porque baixou por un terraplén e logo deu a volta", relata outro dos pasaxeiros tamén ferido.

O accidente produciuse o pasado luns cando o autobús en que viaxaban 52 xubilados que ían visitar unha cova envorcou e se precipitou dende unha altura de máis de dous metros. Houbo 24 feridos. Os máis graves ían no lado do autocar que impactou contra o chan.

"O autobús ao caer colleu un tocón destes dunha árbore e foino partindo e entón eu ao caer co brazo pilloume tamén, pero é igual, fun de arrastro porque o autobús cando caeu, coa inercia, seguiu de arrastro uns, dous, tres metros, entón os que iamos dese lado rozamos", continúa.

Os que ían no outro lado do bus quedaron suspendidos no aire.

"Eu miraba para arriba e vías a todas colgadas polo cinto, que se van sen cinto, miña nai".

"O meu máis forte foi cando me vin alá arriba colgada e que estaba todo envorcado e que estaba que a xente estaba toda arrastrada alí por baixo", lembra a parella de Lugo que ían no autocar.

Aínda con todo e estar ferido, este galego foi dos primeiros en prestar auxilio. Servíronse de navallas para cortar os cintos de seguridade e liberar os pasaxeiros que quedaron atrapados. Agora toca recuperarse das feridas físicas e tamén do susto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade