Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa non será preciso colocar os triángulos de emerxencia en autoestradas e autovías

Xa non será preciso colocar os triángulos de emerxencia en autoestradas e autovías

A DXT adoptou esta decisión ao advertir a perigosidade de colocar estes elementos en vías de alta velocidade

G24.gal 28/06/2023 12:46

Este mesmo verán a Dirección Xeral de Tráfico desactivará a obriga de colocar os triángulos de sinalización de emerxencias en vías de alta capacidade, autovías e autoestradas. Toman esta decisión tras constatar que no pasado ano 2022 un total de 42 persoas foron vítimas de sinistros viarios por saír do coche. 

O director da DXT, Pere Navarro, foi quen destacou estes datos cos que quixo xustificar a decisión xa tomada e que entrará en vigor no período estival

“Algo había que facer. Baixar e poñer o triángulo a 50 metros é un risco, e máis en estradas de alta velocidade, que hai moito tráfico”, afirmou o director da DXT.

O ano pasado, un de cada 11 falecidos en vías interurbanas faleceu atropelado. Dos 126 mortos por esa causa, 16 acababan de baixar do seu vehículo tras unha avaría ou un sinistro, segundo as estatísticas de Tráfico.

Cal é a alternativa aos triángulos?

Como alternativa a estes elementos temos a opción de colocar o sinal V16, que aínda que non será obrigatoria ata o 1 de xaneiro de 2026, é moi recomendable pois non é preciso saír do vehículo para colocala.

O sinal V16 é "unha pequena baliza de cor amarela que está dotada de conectividade e é capaz de emitir unha luz 360º de alta intensidade de forma intermitente e continua polo menos durante 30 minutos", indican na páxina web da DXT. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade