Xa se pode atopar polbo galego no mercado logo de se levantar a veda
Xa se pode atopar polbo galego no mercado logo de se levantar a veda
A escaseza fai que cada temporada varíe o prezo cando aumenta a demanda polo turismo
Unha ración para a clientela pode custar entre doce e dezaseis euros, segundo o peso
O prezo do polbo está disparado. Varía con frecuencia, pero o que non fai é baixar. Acaba de levantarse a veda e o polbo galego xa se atopa nos mercados.
É lixeiramente máis barato que o de fóra, que rolda os 13 euros o quilo. O certo é que só o 20 % do que se consome na comunidade é das rías galegas.
Na hostalería acostuman comprar lotes grandes e adiántanse á temporada de verán, que é cando máis demanda hai polo turismo, para que o prezo non dependa da oferta. De momento a alza non repercute no prezo que paga o cliente pola ración.
E todo se debe á forte demanda que hai deste produto, porque é moi apreciado. Hai unha década o prezo do quilo de polbo roldaba os seis euros. Hoxe as racións véndense entre 12 e 16 euros, segundo o peso.