Cargando resultados...
Xa se poden pedir as axudas para mellorar a eficiencia enerxética de vivendas e edificios
Xa se poden pedir as axudas para mellorar a eficiencia enerxética de vivendas e edificios
Son tres liñas de axudas que contan cun presuposto duns 43 millóns de euros, financiado con fondos europeos
É o segundo ano que se aproban estas axudas con cargo aos fondos europeos
G24.gal
16/06/2023 08:01
Desde hoxe xa se poden pedir as axudas do Instituto Galego de Vivenda e Solo para mellorar a eficiencia enerxética de vivendas e edificios e tamén para a redacción de proxectos de rehabilitación integral. Son tres liñas de axudas que contan cun presuposto duns 43 millóns de euros, financiado con fondos europeos.
O prazo de solicitude estará aberto ata o 2 de outubro. Pódenas solicitar propietarios de vivendas, cooperativas, comunidades de veciños e empresas arrendatarias ou concesionarias dos inmobles.