Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa se poden solicitar as axudas da Xunta para renovar os electrodomésticos

Xa se poden solicitar as axudas da Xunta para renovar os electrodomésticos

A iniciativa pretende promover o aforro enerxético e reducir a factura eléctrica dos fogares

G24.gal 08/02/2023 14:39

As achegas van dos 100 aos 450 euros en función do electrodoméstico que se renova e da vulnerabilidade do consumidor. Aplícanse a frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas e placas de indución, sempre que se cambie por un aparello máis eficiente dende un punto de vista enerxético.

É preciso entregar o electrodoméstico vello e como máximo poden cambiarse ata tres de diferente tipo. A tenda é a que se encarga de tramitar a axuda.

Unha iniciativa que se vai pola súa cuarta edición e coa que se pretende promover o aforro enerxético e reducir a factura eléctrica dos fogares galegos así como axudar aos comercios impulsando as vendas.

Dende a Consellería de Economía estiman que esta campaña mobilizará máis de dez millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar