Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xavier Villaverde aborda nun documental a vida e obra de María Casares

Xavier Villaverde aborda nun documental a vida e obra de María Casares

María Casares, a muller que viviu mil vidas proxéctase no Teatro Colón da Coruña

A Biblioteca de Galicia do Gaiás estreou a mostra María Casares, a conquista da existencia con libros

G24.gal 21/11/2022 22:00

Un 21 de novembro de 1922 nacía na cidade da Coruña María Casares, a actriz galega máis importante da historia do teatro. O director Xavier Villaverde aproxímase á súa figura no documental María Casares, a muller que viviu mil vidas que se proxecta no Teatro Colón da Coruña, e onde se quere reivindicar a súa intimidade galega.

A cinta fai un percorrido pola vida e obra da artista desde o seu nacemento ata o exilio, pasando pola súa etapa en Madrid, a Segunda Guerra Mundial, os filmes con Robert Bresson, o teatro na comedia francesa e o retorno a España coa morte de Franco. 

E tamén desde este luns pódese ver na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura a mostra María Casares, a conquista da existencia con libros, revistas, vídeos e discos que nos achegan tamén á súa figura. A exposición remata o 27 de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade