Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xi Jinping, reelixido para un terceiro mandato presidencial na China

Xi Jinping, reelixido para un terceiro mandato presidencial na China

Queda reforzado o control do mandatario sobre os tres brazos do poder: o Estado, o partido e o exército

G24.gal 10/03/2023 08:37

O presidente chinés Xi Jinping consolidou hoxe o seu poder despois de que a Asemblea Nacional Popular o elixise para un terceiro mandato presidencial de cinco anos (2023-2028), un feito inédito entre os seus predecesores.

O pleno ratificou hoxe a permanencia de Xi, tamén como secretario xeral do gobernante Partido Comunista da China, despois de que o órgano aprobase en 2018 unha emenda constitucional que eliminaba o límite de dous mandatos consecutivos de cinco anos para os presidentes chineses. 

Os 2.952 deputados presentes na Asemblea, en que é altamente infrecuente que se opoña ás medidas presentadas, aprobaron a continuidade de Xi como xefe de Estado de forma unánime.

No pleno, celebrado no Gran Salón do Pobo, situado na praza de Tiananmen, referendáronse ademais os nomeamentos de Han Zheng como vicepresidente e de Zhao Leji como presidente do Comité Permanente da ANP, debido a que corresponde ao de xefe do Lexislativo.

Despois das votacións, Xi, Han e Zhao procederon a xurar a Constitución chinesa

Así mesmo, os deputados deron luz verde, tamén unanimemente, a un terceiro mandato de Xi como presidente da Comisión Militar Central, cargo que equivale ao de xefe das Forzas Armadas do país asiático.

O pasado outubro, Xi revalidou o seu posto como secretario xeral do Partido Comunista Chinés para un terceiro mandato, algo inédito entre os seus predecesores inmediatos. Así, queda reforzado o control do mandatario sobre os tres brazos do poder: o Estado, o partido e o exército.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade