Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Entroido máis prolongado: Xinzo celebra o Domingo Oleiro para nenos e adultos

O Entroido máis prolongado: Xinzo celebra o Domingo Oleiro para nenos e adultos

É o segundo domingo do ciclo festivo do Entroido

G24.gal 05/02/2023 21:05 Última actualización 05/02/2023 21:26

Participación masiva no domingo oleiro de Xinzo de Limia. Cunha praza Maior ateigada de xente, racharon 250 cacharros de barro de Niñodaguia no tradicional xogo das olas.

 A segunda fin de semana do ciclo do Entroido en Ourense, é para moitos a máis divertida. O programa da mañá do domingo para os cativos de tres a dez anos deu paso ao oleiro para os adultos pola tarde.

Pasar as olas duns a outros ou escachalas no chan, se non as recibían de primeiras, todo serviu para pasar unha xornada de esmorga. Completaron as actividades os grupos da comarca animando as rúas da localidade.

O vindeiro domingo celebran o corredoiro, a antesala dos días grandes do Entroido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade