Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xinzo, Laza e Verín buscan fórmulas para poderen celebrar os seus entroidos

Xinzo, Laza e Verín buscan fórmulas para poderen celebrar os seus entroidos

Pendentes da evolución sanitaria, agardan poder manter este ano a súa festa máis tradicional

Incerteza e preocupación entre os hostaleiros das vilas do triángulo máxico ourensán

Os organizadores do Entroido manterán xuntanzas coas corporacións municipais para tomar unha decisión

Pendentes da evolución epidemilóxica para saber como poden celebrar o Entroido.
G24.gal 11/01/2022 14:38

Despois dun Nadal que só se puido celebrar un pouco a medio gas, a seguinte cita social por excelencia sería o Entroido. Pero agora mesmo, unha semana antes de que a Xunta decida se prorroga ou mesmo amplía as restricións vixentes, todo son incógnitas. 

Moitas incertezas e hai estes días nas vilas do triángulo máxico ourensán: Xinzo, Laza e Verín, sobre como van poder celebrar os seus Entroidos, os máis coñecidos e multitudinarios da provincia de Ourense.

Pendentes da evolución sanitaria 

Están moi pendentes da situación sanitaria, que agora mesmo o número de casos de coronavirus están disparados nas dúas comarcas, máis de 500 en Verín, case 400 en Xinzo e en Laza tamén subindo.

Con todo, os organizadores din que manteñen a esperanza e a ilusión de poder celebrar a súa festa das festas, aínda que non se poida celebrar ao grande, si ter unha celebración máis pequena do seu querido Entroido.

No 2021 xa non houbo Entroido por mor da pandemia e este ano está no aire nas vilas de Xinzo, Laza e Verín. 

"Todos os entroidos tradicionais, todos os que levamos o entroido dentro, os que botamos todo o ano pensando no Entroido, pois é moito, e un ano vale, pero dous anos sen Entroido fáisenos moi complicado. Temos que botalo fóra dalgún xeito", afirma Suso Fariñas, un dos membros da comisión do Entroido de Xinzo. 

O que non saben aínda os organizadores do Entroido en Xinzo, Laza e Verín e como poderán facelo. 

"Cremos que vai ser un Entroido atípico porque agora mesmo a situación sociosanitaria é bastante preocupante. Esperamos que para o 5 de febreiro mellore algo. Pero o entroido de Xinzo non necesita organización, porque o Entroido somos nós. Todo dependerá das normas sanitarias que teñamos", explica Adriana Jiménez, a presidenta do entroido de Xinzo de Limia., 

Pendentes da evolución desta sexta onda, e con incerteza e preocupación entre os hostaleiros.

"Case non hai reservas nin nada, porque pode haber algo ou pode non haber nada. Aquí todos temos a ilusión de que algo haxa, polo menos un entroido familiar. É un mes moi forte e que axuda moito á hostalaría", asegura Javier Rivero, dono do hotel Orly en Xinzo. 

Festa de Interese Turístico Nacional e un importante motor económico para vilas do triángulo máxico ourensán. 

A intención dos organizadores é que os tres entroidos máis importantes da provincia de Ourense tomen unha decisión conxunta para manter viva a súa tradición máis fonda. Están pendentes agora de ter xuntanzas coas corporación municipais. 

Todos buscan a fórmula para celebrar o seu querido Entroido con seguridade. Ata finais deste mes aínda hai marxe para decidir. 

Os organizadores de Xinzo e Laza e Verín manteñen a ilusión de ter un Entroido diferente Os organizadores de Xinzo e Laza e Verín manteñen a ilusión de ter un Entroido diferente
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade