Xoán Carlos I presidiu a entrega de trofeos da oitava edición da regata en Sanxenxo
Xoán Carlos I presidiu a entrega de trofeos da oitava edición da regata en Sanxenxo
O rei Xoán Carlos quedou quinto co Bribón
No acto tamén participou a súa filla, a infanta Helena
Esta foi a cuarta visita a Galicia do rei Xoán Carlos desde que marchou aos Emiratos Árabes en 2020, e é a terceira visita neste 2023.
Xoán Carlos I aterraba no aeroporto de Vigo o luns pasado, onde o agardaba, coma nas ocasións anteriores, o seu amigo e anfitrión Paco Campos.
A diferenza da primeira viaxe en maio de 2022, moi mediática, desta vez a súa estadía en Sanxenxo foi de carácter máis privado, pero espertou tamén moita expectación.
Xoán Carlos I saía navegar o mércores e o venres no Bribón, e tamén volvía facelo este domingo, último día da regata que leva o seu nome.
Nestes días recibía visitas familiares coma a da súa irmá a infanta Margarida, e a da súa filla, a infanta Helena.
"Esta mañá saquei a miña irmá, que veu visitarme, e moi contento", dicía o rei.
A oitava regata finalizou este domingo. Pola tarde celebrouse a entrega de trofeos no Real Club Náutico de Sanxenxo, presidida polo rei Xoán Carlos, que previsiblemente abandonará Galicia este luns.